Con motivo do Día Internacional da Televisión, a TVG ofrece esta noite ‘Telepaixón á Galega’, un especial que percorrerá a historia da canle pública galega desde os seus inicios ata a actualidade. Presentado pola xornalista Olaya Rivas, mesturará entrevistas a rostros moi coñecidos para a audiencia con material de arquivo do máis sorprendente. Con ‘Telepaixón á Galega’, os espectadores gozarán cos momentos máis divertidos e curiosos e repasarán os espazos que marcaron unha época, a ficción en galego máis lembrada por todos, os grandes eventos retransmitidos pola televisión, as actuacións máis míticas, etc. Primando o humor, que sempre caracterizou este medio, o programa trasladará as vivencias, os aspectos humanos e as anécdotas máis destacadas dos 34 anos de historia da TVG. ‘Telepaixón á Galega’ contará cos testemuños dos pioneiros das primeiras retransmisións televisivas en galego, como son os ex-compañeiros de TVE Galicia Xoán Barro e Tareixa Navaza, así como con algunhas das fac