O equipo da TVG desprázase ata Sabucedo para relatar, da man de Cristina Maró, un dos acontecementos máis agardados polos veciños de esta pequena parroquia estradense: a Rapa! O verán é época de curros nos montes galegos pero se hai un que destaca por riba de todos ese é o de Sabucedo, unha rapa de tradición centenaria na que cabalos e aloitadores enfróntanse de igual a igual, corpo a corpo. Xunto a veciños e visitantes e baixo a protección de San Lourenzo, subiremos este ano ao monte para xuntar as greas e levalas ao curro. Alí as bestas serán sometidas con valentía, sen cordas nin paos, para cortar as crinas coas tesoiras que José Mato se encargou de afiar un ano máis. A fama desta rapa ancestral, cun forte compoñente ritual, leva moitos anos despertando o interese do público internacional cunha importante cobertura mediática. Esta Festa de Interese Turístico, e cultural, fai que a pequena vila reciba estes días a máis de 20 mil visitantes e nós estaremos aí para formar parte da em