Os espectadores poderán ver de primeira man a chegada dos milleiros de peregrinos que se achegan ata o santuario dos Milagres en Baños de Molgas, un dos principais de toda a comunidade. Coches, autobuses e botas de montaña achegan ano tras ano ata ao lugar milleiros de romeiros.  Esta tradición tamén se mantén noutros puntos de Galicia, coma é o caso de Caión. Nesta vila mariñeira, os espectadores saberán por que adoitan mollar os panos na fonte próxima á capela para despois pasalos polo corpo e asistirán a unha das misas ao aire libre máis grande da comunidade.  O Santo André non perde protagonismo nesta xornada, en que a Televisión de Galicia tamén se trasladará ata Santo André de Teixido, un lugar cheo de lendas e ritos de obrigada asistencia para visitantes e devotos.