Este programa demostra que vivimos nun paraíso para os devotos do queixo, porque aquí hai unha materia prima excepcional. As reporteiras van aos mercados e ás queixerías. Van a Silleda e a Lalín para coñecer o queixo de tetilla. A seguinte parada é en Pedrafita do Cebreiro, o berce do centenario queixo do Cebreiro. A ruta do queixo pasa polo concello de Arzúa. Nesta localidade celebran a gran festa do queixo Arzúa-Ulloa. “O Mellor Queixo do Mundo" viaxa tamén a Vilalba e pasa unha xornada de traballo co equipo da queixería Casleiras, unha empresa onde o queixo San Simón da Costa é o protagonista indiscutible.  O queixo galego é o rei das cociñas. E, para demostralo, as reporteiras están na cidade de Ourense. Alí aprenderán a preparar unha chea de riquísimas receitas con sabor ao mellor queixo do mundo.