Desde a localidade de Ordes, presentado por Roberto Vilar como mestre de cerimonias, o concerto congrega seguidores incondicionais da Panorama, que actúa xunto artistas e intérpretes da categoría de Merche, Ana Torroja, Malú, Pitingo, Carlinhos Brown e Melocos. Poñen a nota de humor as parodias á galega das “Cantareiras de Ardebullo”.O espectáculo, ao que non lle faltan números extraordinarios con acrobacias sobre o escenario, ofrece tamén algúns dos grandes éxitos da orquestra anfitrioa, como son “Como está o Panorama” ou “Ya no me puedo enamorar”.