En galegofalante Vip coñeceremos polo miudo a estes persoeiros da nosa terra que desfrutan falando a nosa lingua, e que sempre que poden a empregan tanto no seu ámbito familiar como no profesional. Visitaremos a Sergio Álvarez, o Gato de Catoira; Roi Méndez, a voz de OT; Inés Abril, unha cociñeira con Estrela Michelín; Anxo Carracedo, un científico de renome; Rodrigo Vázquez, todo un Mestre Mateo; María Canle, a influencer da moda; Manel Loureiro, unha eminencia coma escritor. Eles medraron co galego.