A Noite Intercéltica de Lorient celebrada este ano, unha das citas máxicas do festival bretón, en que actuou a Banda de Gaitas Sons da Chaira de Lugo, por primeira vez na historia deste certame. Emilio Españadero, director e presentador de ‘Lume na Palleira’ na Radio Galega, e o músico Pablo Seoane comentan a gala para todos os espectadores.O certame cultural de Lorient, considerado o máis importante dos pobos de tradición celta, celébrase durante 10 días no mes de agosto nesta vila bretoa pola que pasan máis de 4.500 artistas e desenvólvense máis de 120 espectáculos.