Ademais de ofrecer o concerto que a orquestra realizou este verán en Noia, o programa inclúe entrevistas co seu director, Blas Piñón; con Fátima Pego, Genma Lareo, Oliver Pérez, Zeus RB e Sergio Corral, voces da orquestra; co violinista e percusionista Marcos Valcárcel; coa baixista Janet Pérez; co bailarín Héctor Bordón; co guitarrista Diego Moreiras; co saxofonista Juan Cuñarro, e co trompetista Jorge Denís, entre outros integrantes da París de Noia. A través do seu testemuño e da opinión de público, os espectadores irán coñecendo a xira da París de Noia deste 2018, un espectáculo chamado “A lo loco”, cargado de música e cunha proposta escénica chea de luz para facer bailar a maiores e pequenos.