Neste divertido e saboroso programa, as reporteiras farán un completo percorrido por toda Galicia para coñecer as vivencias das persoas que, dunha forma ou outra, viven rodeadas de caldeirada por todas partes. Cales son as orixes da caldeirada galega? Por que a de raia ten tanta sona? Gústanos máis a de pescada ou a de bacallau? Son imprescindibles as patacas como acompañamento? Onde preparan a caldeirada de polbo máis rica?