Xosé R. Gayoso e Lucía Regueiro presentan esta gala especial da TVG para despedir 2016 e recibir 2017. A banda de rock galega Heredeiros da Crus abre as actuacións da noite co seu tema “Superfama”. A gala segue coa orquestra New York, os Melidaos, Malvela e a popular artista Mónica Naranjo. Azúcar Moreno, King África e Georgie Dann tamén participan nesta festa, xunto coa París de Noia, El Combo Dominicano, Radio Cos, María Jesús y su Acordeón e a Panorama.