As mozas van de vacacións á praia. Van pasalo como nunca rodeadas de “morenazos e caipiriñas”, como di Amparo. Pero para iso non poden esquecer nada e parece que non é así. Antonia esquece o seu vestido azul de noite, Amparo a tarxeta sanitaria... O coitado condutor do autobús, interpretado por Manuel Cortés, só quere marchar dunha vez, pero sen que estean todas listas de aí non se move ninguén.
Mentres, Luís e Carlota quedarán no local, pero para non aburrirse Carlota decide ir tomar algo a outro sitio porque se fose por Luisiño quedarían facendo un encrucillado ou vendo un programa de chistes. Parece que o camareiro non leva a emoción nas veas, menos mal que está aí Carlota para botarlle sal ao asunto. Será isto unha cita?