Marina, a única do grupo que ten o carné de conducir, trae ata o local social unha profesora de clases de condución, interpretada por Isabel Blanco. Pero, antes de que as amigas aprendan a conducir, a profesora perde a paciencia, xa que son uns desastres e non saben nin o que é un exame psicotécnico.  Pola súa parte, Luisiño garda con cariño “toda a súa vida, todo o seu mundo” nunha caixiña. Carlota non pode resistir a tentación e mira o que contén: unha lanterna, un abridor, unhas chapas... Hai de todo, ata unha foto moi peculiar do camareiro, que fai escachar de risa as amigas do local social.