Cando pensas que os fillos xa van maiorciños e que xa non precisan da túa axuda para todo, aparecen e parece que non poden vivir sen ti. Iso é o que lles ocorre a Marina, Sofía e Antonia. A nora e os fillos, respectivamente, chegan ao local social para sacalas case a rastro, aínda que ao final acabarán cedendo porque unha nai sempre é unha nai.  A nora de Marina, interpretada por Estíbaliz Veiga, está empeñada en que vaia para a casa descansar, xa que torceu un brazo, pero Marina atópase perfectamente. Mentres, Toni Salgado, que fai de fillo de Sofía, semella que non pode ir ao paro só, e Mercé, interpretada por Camila Bossa, precisa de Antonia para ir de compras e esquecer a súa separación.  Pero as mulleres non aguantan moito e, despois dun tempo, volven ao local sen os fillos, xa que non os aturan máis. Eles, co lóxico enfado, volven tamén e comeza unha tremenda discusión, con reproches para as nais por non preocuparse polos seus fillos. A cousa parece que non ten solución, pero log