Os asiduos do local social comezan a falar da aparencia física e, aínda que aparentemente todos se ben perfectos, quererse como un é non sempre é fácil. De feito, Amparo non está moi contenta con ela mesma e chega con dous noticións: vai facer unha liposucción e vai poñer bótox. Así pois, vai ser un cambio radical. Para as demais é unha barbaridade, pero para ela é moi importante verse mellor. Será capaz de operarse?  Por outra banda, don Ricardo recibe unha mensaxe urxente e inesperada, unha noticia terrible que deixará o director do local social decaído e triste. Tería algo que ver o grupo de amigas? A verdade é que Ricardo moitas veces non se porta ben con elas, pero tampouco lle desexan ningún mal, e parece que o que pon na mensaxe e culpa súa, polo que, no fondo, non se senten moi ben.