Antonia, Milagros e Sofía chegan dun enterro, o que as fará falar detidamente a todas: que se prefieren que as soterren ou as incineren, que se doarían os seus órganos ou non... Cada unha ten a súa opinión, cada cal diferente porque no fondo... non somos nada!Por outra parte, Carlota está cos preparativos para a súa marcha a Madrid para cumprir o seu soño: traballar nun salón de beleza hiperexclusivo onde só van estrelas de televisión. Está que non cabe en si de gozo e é que, segundo ela, cada persoa ten que perseguir os seus soños. Isto dálle que pensar ao pobre Luisiño, xa que o seu soño é Carlota, polo que decide irse a Madrid con ela, pero non acaba de ter moi claro iso de mudar de cidade.Mentres, Milagros segue a aproveitarse dos seus sobriños, que, como queren que a súa tía lles deixe a eles todos os seus bens, fanlle a pelota ata máis non poder. Mércanlle bombóns, fanlle as tarefas da casa, van á compra por ela... Milagros sabe que todo isto non está ben, pero quen non quere que