Puskas cumpre un dos seus soños, o de se converter en adestrador de fútbol, aínda que os seu métodos non son os máis axeitados para os xogadores que lle tocaron, un equipo de pre benxamíns. Por outra parte, debido a todos os golpes que levou e que nunca lle pasou nada, en Lameiro cren que Kevin é un superheroe. Carmucha é tamén a seguinte protagonista doutro sketch, xa que a súa idea de ofrecer bebidas aos clientes é entendida por Puskas coma un ataque frontal.A continuación, a moda americana de poñer unha bandeira no balcón da casa chegará á vila para sementar a discordia, e provocar esmendrellantes conflitos entre os veciños. Ademais, Moncho decide comezar unha nova vida e deixará de beber viño para converterse nun home mellor, pero o cambio non convencerá a todos. Pola súa parte, Elvira substituirá o taxista de Lameiro, que está de baixa. Ela ten carné e é a única persoa de Lameiro que conserva todos os puntos.