No primeiro episodio, un accidente de circulación causado por un corzo recibe un trato tan comprensivo por parte das autoridades que todo Lameiro decide acudir aos corzos para solucionar calquera tipo de problema.En 'Acupuntura', Moncho crávalle por casualidade unha agulla a Lino. Desde ese momento comeza a practicar, sen ningunha idea, con todo Lameiro. Finalmente, no último sketch, Kevin suspende todas as materias e decide buscar un traballo. Vendedor ambulante de peixe non semella ser o posto perfecto para un descerebrado como Kevin José, pero o rapaz está cheo de recursos inesperados.