A aposta polo humor á galega de “Era visto!”, un xeito diferente de achegar ao público unha comedia familiar alternativa á ficción tradicional, preséntanos hoxe novas historias dos personaxes orixinais do universo rural galego. O protagonista, Moncho (Federico Pérez), é un pai de familia optimista pero desbordado, que se confesa diante da cámara, casado e cun fillo, que vive nun chalé solitario a medio facer ao pé dunha estrada comarcal.      As pezas humorísticas están salpicadas da sáti...