No primeiro episodio da noite, Kevin escribiralle unha carta aos Reis, e isto dará pé a outra aventura en Lameiro protagonizada, desta volta por Lino, o carteiro. Pola súa parte, os veciños de Choupana prepararon para este Nadal unha decoración e unha iluminación estupenda. Iso aféctalles profundamente aos de Lameiro, que deciden que este ano serán eles quen conten co mellor Nadal. Ademais, no último episodio da noite, Hortensia quere sentar un pobre de pedir na súa mesa polo Nadal e Anselmo convence a Moncho para que o faga.