No programa de hoxe coñecemos a dúas mulleres que dedican a súa vida á Xudicatura, aínda que dende ámbitos moi diferentes. María Dolores Fernández Galiño é xuíza, fiscal e dende 2019 a Valedora do Pobo de Galicia. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, grazas ao esforzo da súa familia, que a educou a ela e á súa irmá na cultura do esforzo. A sú nai loitou para que estudasen unha carreira e conseguiuno. Dolores elixiu Dereito porque pensaba que era unha carreira con saídas. O seu non foi un frechazo, pero si un descubrimento paulatino. Co tempo, namorouse da Xudicatura e cando se licenciou decidiu preparar as oposicións de xuíza e fiscal, xunto á súa parella e marido na actualidade, Fernando Lousada, maxistrado do TSXG. Os dous aprobaron e xuntos iniciaron a súa vida profesional e persoal. Despois dunha carreira xudicial brillante, que comezou en Ponteareas e que continuou en Pontevedra e na Audiencia da Coruña, aceptou a Valeduría do Pobo, un cargo no que admite est