No programa coñecemos a dúas mulleres que dedican á súa vida ao medio rural, en dúas xeracións moi diferentes e cada unha no seu ámbito: a viticultura e a gandeiría. Marisol Bueno é viticultora e a creadora da Denominación de Orixe Rías Baixas, da que foi presidenta durante 21 anos. E ten a súa propia adega con viños dunha gran calidade: Pazo de Señoráns. Tras licenciarse en Ciencias Biolóxicas e traballar como mestra nun instituto de secundaria de Cangas, en 1979 deixou atrás a súa profesión para converterse en viticultora. Javier, o seu marido deicidiu mercar o pazo no que na actualidade teñen a adega. Marisol estaba embarazada do seu cuarto fillo e namoráronse do lugar, un dos exemplos máis fermosos da arquitectura señorial do S. XVI, que pervive nas Rías Baixas. Así comeza a traxectoria brillante da coñecida como “A Dama do Albariño”. En 1986, o Conselleiro de Agricultura propúsolle presidir o Consello Regulador, cando era unha das poucas mulleres que dirixía unha adega en Galic