Neste capítulo, dedicado ás promotoras de iniciativas, ás mulleres que fixeron e fan que o mundo avance, coñecemos a Ángela Ruíz Robles, considerada a precursora do que hoxe coñecemos como libro electrónico. Exerceu como mestra en Ferrol ao longo de toda a súa carreira, onde creou en 1949 a súa encinlopedia mecánica. Quería que os máis pequenos non fosen a escola cargados e levasen todos os seus contidos educativos na súa creación. Sen ningún tipo de apoio, encargou un prototipo de zinc e bronce nos estaleiros de Bazán. E o 10 de abril de 1962 rexistrou a patente en España. De volta ao presente, coñecemos a Marisol Soengas, que lidera dende o Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas, en Madrid, o Grupo de Melanoma. Esta galega de Agolada, en Pontevedra, está condidera unha das investigadoras máis influíntes do mundo e foi premiada polas institucións máis prestixiosas no seu campo. E con 70 anos, coñecemos a Carmela Porteiro. Xubilada dende hai tres anos, dedicou a súa vida á