SINOPSE PGM 1. PESCA Neste programa, dedicado ao sector pesqueiro, coñecemos a unha das primeiras mulleres armadoras galegas: Carmen Barcia. Os seu pais fundaron en 1941 Navales Barcia, en Noia, dedicada ao transporte de mercadorías. Cando faleceron, a súa filla fíxose cargo da empresa familiar, chegando a ser unha armadora de gran éxito, nun sector maioritariamente masculino. De volta ao presente, coñecemos a tres mulleres que comparten coa nosa protagonista histórica a súa paixón polo mar. Guadalupe Murillo é a directora xeral de Pescamar dende hai 15 anos. Unha conserveira presente en todo o territorio nacional e en 35 países. Ademais, en 2014 foi elixida presidenta do Pontevedra F.C e tamén e é secretaria do consello de administración do Obradoiro CAB, de baloncesto. Está casada e ten tres fillos. Por outra banda, Juana Parada é a xerente de ORPAGU, a Asociación de Palangreiros Guardeses. Filla e neta de mariñeiros, nunca pensou dedicarse á pesca ata que descubriu a súa verdad