Neste programa adicado ás mulleres galegas máis recoñecidas no mundo online, coñeceremos á lucense Silvia García, coñecida polo seu blog Bartabac, adicado á moda e ás viaxes. Con case 500.000 seguidores na súa conta de Instagram, o programa acompaña a Silvia na sesión fotográfica da colección mid season que está a realizar para a súa tenda online à bicyclette. Tamén coñeceremos a Carmen Albo, avogada e consultora de marketing de profesión, que aos seus 45 anos tivo que reinventarse, e hoxe en día xestiona dende Vigo, un dos blogs culinarios máis visitados de España, Guisándome la Vida. Estaremos con ela no seu espazo gastronómico, onde imparte cursos de cociña e charlas, e cos seus alumnos, veremos como cociña un par de pratos e como os sube á rede.