Neste capítulo, dedicado á Medicina, coñecemos á primeira muller médica galega, Olimpia Valencia. Naceu en 1898 en Baltar, Ourense, e comezou o camiño encomendado para as mulleres de principios de século: ser mestra. Pero a súa vocación non estaba nas aulas senón nos quirófanos. En 1919 deu o paso e matriculouse en Medicina na Universidade de Santiago. Licenciouse en 1925 con Premio Extraordinario e 19 Matrículas de Honra. Quería ser neumóloga, pero non a deixaron. Supoñía un escándalo para a época ter de pacientes a homes. O "apropiado" era ser xinecóloga e foi o que fixo. En 1928 abriu a súa propia clínica en Vigo, converténdose na primeira consulta da primeira galega licenciada en Medicina. Exerceu ininterrompidamente durante 60 anos. De volta ao presente, coñecemos á Dra. Gago, médico e investigadora na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, en Santiago de Compostela. A súa vocación tívoa clara dende nena, pero a especialización elixiuna cando a súa nai faleceu de canc