Neste programa, dedicado á Industria, viaxamos ata a segunda metade do século XIX para coñecer a Esperanza Massó. Unha muller decisiva na historia do sector industrial galego. Foi unha das creadoras do primeiro estaleiro privado en España, coñecido hoxe como Hijos de J. Barreras, en Vigo. De volta ao presente, coñecemos a tres mulleres que comparten coa nosa protagonista histórica a súa paixón e dedicación á industria galega. Carmen Lence é a Conselleira Delegada do Grupo Leche Río. En 2019 colle as rendas da empresa familiar cando falece o seu pai e ela vive en Boston xunto ao seu marido e dous fillos. Carmen foi educada dende nena para o futuro empresarial, pero ela decidiu antes formarse e traballar en diferentes países para ser a mellor líder posible. Agora en Galicia ten como principal obxectivo levar á empresa familiar ao máis alto. Por outra banda, coñecemos a Cristina Fernández-Armesto, que como Carmen, deu un xiro á súa vida para continuar o soño dos seus avós: Casa Gran