A primeira das nosas protagonistas é Paz Cariñena, gañadora do certame Abanca Innova, que con 47 anos é co-propietaria de DooingIT, especialistas en ciberseguridade. A segunda é María Caeiro que tomou o relevo de seu pai ao mando da empresa familiar de concesionarios. Modernizouna e fíxoa medrar gañando o recoñecemento do sector. Por último, presentámosvos a Adriana, Presidenta executiva de Adolfo Domínguez. Todas elas fan historia nos nosos días pero tamén botaremos ollo ao pasado para coñecer a historia dunha pioneira, Juana Broussain, quen dirixiu a tenería familiar ao quedar viúva e foi quen de manter, sanear e facer medrar a que, co tempo, sería a maior fábrica de curtume de coiro de Galicia.