Neste capítulo, dedicado á Educación, ás mulleres que formaron e forman ás mentes do futuro, coñecemos a Antonia Ferrín. O seu pai era mestre e, en contra dos costumes da época, trasládase a Santiago coas súas catro fillas para que fosen á Universidade. E conseguiuno. E 1930, Antonia comeza a estudar Química e antes de rematar a licenciatura inicia a súa ampla traxectoria docente. Foi unha profesora e estudante incansable. Fixo tamén Maxisterio, Matemáticas e Farmacia, pero a súa verdadeira vocación atopouna nas estrelas. Antonia foi a primeira muller en España que leu unha Tese de Doutoramento de Astronomía e a primeira Profesora da Licenciatura de Matemáticas, cando se creou en 1957 na Universidade de Santiago. Non llo puxeron sinxelo por ser muller, pero conseguiu dedicarse ao ensino e á investigación ata que se xubilou en 1984. De volta ao presente, con 62 anos, coñecemos a María José Alonso, a científica española con máis influencia de España. É Catedrática de Farmacia e de