Neste capítulo dedicado ao mundo do deporte, coñecemos a figura de María Antonina Sanjurjo, unha pioneira do deporte considerada a alma máter do hockei galego. Ao introducir esta disciplina en Galicia, propiciou toda unha revolución de man de equipos femininos que democratizou a práctica deportiva probando que non entendía de clases sociais nin xéneros. Tamén coñeceremos a historia de Cristina Fernández, a primeira árbitra en pitar encontros de balonmán do máis alto nivel nacional e internacional. Defensora dos dereitos das mulleres a acadar os postos que merecen, traballou moi duro para conseguir cada pequeno avance na súa carreira, abrindo paso ás árbitras que anos máis tarde decidiron percorrer o seu mesmo camiño. Silvia Aguete ven de ser nomeada a mellor porteira de fútbol sala feminino do mundo e todos os que a coñecen non dubidan en poñer énfase no extraordinario da súa actuación en cada partido. Marta Brañas, foi a primeira muller boxeadora profesional de España. Con ela repa