No capítulo de hoxe coñecemos a dúas mulleres con carácter, que se dedican a un sector maioritariamente masculino: a Construción. Dende a Enxeñería e a Arquitectura. Ana Fernández ten 40 anos e é Enxeñeira de Obras Públicas e Camiños. Entre os anos 2015 e 2018 dirixiu a obra de ampliación da Ponte de Rande, que recibiu en Nova York o premio á segunda mellor ponte do mundo en 2019. Unha experiencia profesional impresionante, aínda que tamén moi dura, xa que é a primeira ponte atirantada en ampliarse do mundo. Unha obra na que Ana dirixiu a 500 homes. É dun pobo de León, pero as obras trouxérona a Galicia en 2008, cando comezou a traballar nas autoestradas do Atlántico. Dende moi nova desempeñou postos de gran responsabilidade ata acadar o posto de Dirección que ten na actualidade. En canto ao papel da muller na Construción, Ana recoñece que hai que demostrar máis e ter carácter, aínda que no seu caso síntese moi respectada. Para Ana, a conciliación co seu fillo de 5 anos é complic