No programa de hoxe coñecemos a dúas mulleres vinculadas ao eido da cultura e a arte. Unha dedicase o mundo das letras, a literatura, e outra a actuación. Dous xeitos moi distintos de expresión artística pero con nexos en común. Dúas mulleres que dedican a súa vida ao labor social, cada unha nun ámbito diferente, pero os dous totalmente necesarios para axudar a quen máis o necesita. Yolanda Castaño ten 44 anos e é poetisa e crítica literaria. As súas poesías viaxan por todo o mundo, sendo así, un dos rostros máis populares e internacionais da poesía galega. Con tan só 17 anos publicou o seu primeiro libro, “Elevar as Pálpebras”, e con 21 gañou o Premio Nacional da Crítica. Dende 2009 dirixe varios proxectos con poetas galegos e internacionais. E fundei a miña propia Residencia para Escritores na Coruña en 2019. María Mera ten 34 anos é actriz, presentadora e mamá. Licenciouse en xornalismo e tamén estudou Arte Dramático. O seu primeiro traballo como actriz foi na exitosa serie “M