O Moa é un barco de once metros, con base en Noia, que traballa tanto os aparellos como as nasas, arte, esta última, coa que está traballando esta tempada, para a captura do camarón e a nécora, aínda que tamén pode entralles polbo. Abordo traballan tres homes: Suso Triñanes, que pasou moito tempo lonxe do mar pero sentiu a necesidade de volver. Efrain Sánchez, que ven de familia mariñeira, traballou fundamentalmente de mariscador. O patrón é Segundo Blanco, que ven dunha longa tradición, a súa familia traballa o mar dende tempos que se perden na memoria.