Saímos ao mar no volanteiro Brisas de Cedeira, con 19 metros de eslora e 6 de manga. E facémolo neste porto porque Cedeira é o porto que concentra o maior número de volanteiros en toda a península Ibérica. Toda a tripulación é de Cedeira. Entre eles Álvaro Gonzalez que é o fillo do patrón e axúdao na ponte. Toniño Miranda é o mariñeiro que vixía o motor e que a rede se largue ben. David Pérez desmalla o peixe da rede e prepara o xantar para a tripulación. Gorka Hernández coida que o aparello non se líe ao subir. E o patrón é o home experimentado de moitas travesías Ángel González, e pertencen a unha que traballa a arte da volante dende fai moitas xeracións.