A vaca de Muros Alba Mar, continua traballando no Mar de María Antonia, a unhas trece millas do porto da Coruña. Moncho Tojeiro, o patrón de pesca, coñece moi ben este mar e saberá onde largar o aparello, onde o peixe se agocha. Coñecermos ao Xefe de maquinas Gervasio Sambad, un mariñeiro con moitos anos de mar, que empezou ao mar moi novo no seu mar de Muxía. Ao mariñeiro Daniel Cruz, un experto nos traballos en cuberta, que traballou no Gran Sol, en tempos onde o traballo nos barcos era máis duro. E a Suso López, o cociñeiro de abordo, home de personalidade moi singular, que fai unha cociña de cinco garfos.