A nosa aventura embarcados transcorrerá en dúas xornadas na vaca de Muros 'Alba Mar'. Está activo dende o 2001, e ten 32 metros de eslora e 6 metros de manga, cunha potencia no seu motor de 500 cabalos de forza. A súa tripulación está composta por oito homes, dos que hoxe imos coñecer ao primeiro patrón ou patrón de pesca Moncho Tojeiro, home de mar que se forxou nas augas do Gran Sol.