No difícil mar da Costa da Morte faena un barco de madeira con quince anos de antigüidade, de doce metros de eslora e 4 de manga, e preparado para traballar a arte da beta. A súa tripulación está composta polos irmáns Villar, que constitúen a xeración actual dunha familia mariñeira dende tempos moi antigos. Eles son Raúl Villar, o máis novo dos irmán, e ao que lle quedan máis anos de mar. Un home que sen dubida representa perfectamente o ser dos homes de mar de Laxe. Manolo Villar, é o patrón da embarcación, e é o Patrón Maior de Laxe, un home cabal que coñece como pouco os segredos deste mar as veces tenebroso. Rosendo Villar é mar en toda a extensión da palabra, mariñeiro de berce, que nunca puido imaxinar outra vida que fóra sobre neste mar. O maior é Juan Villar, que é o mariñeiro en activo con máis anos de Laxe, o home que máis horas ten de mar nesta vila, e pode que en toda a Costa da Morte.