No primeiro programa de Ecce Perdomo o actor David Perdomo transformase nunha Señora Galega. Si, esa que sempre ten algo que ofrecerche; xa sexan unhas patacas, uns grelos ou uns ‘quives’. Unha desas señoras que se escandalizan á hora de falar de sexo ou dicir tacos pero que, ao mesmo tempo, non teñen pelos na lingua para contar contos sobre as famosas, os seus veciños ou calquera que pase por diante da súa xanela. Para levar a cabo semellante transformación contará coa axuda de catro auténticas expertas: unha froiteira, unha perruqueira e dúas cantareiras. María del Carmen Trigo, unha das mellores froiteiras de Galicia, ensinaralle o que é ser unha señora festeira, capaz de venderche tres quilos de kakis engaiolándote con carantoñas e agarimos. Coa perruqueira Maria Teresa Leal , aprenderá non só os segredos de beleza das famosas senón os seus chismes máis vergoñentos. E Teresa dos Cucos e Basilisa Romay faranlle degustar unha auténtica merenda de señora, desas nas que senta