Yolanda García e María González traballan no Hospital do Salnés como supervisora de partos e matrona respectivamente. Con elas faremos un percorrido pola súa área, pasando pola consulta de xinecoloxía, o control de enfermeiras e parándonos no cuarto onde hai mulleres, que se o desexan, poden dar a luz nunha bañeira. Luz Cánovas é anestesista e traballa na unidade de dor do Hospital Universitario de Ourense (CHUO). Coñeceremos a súa consulta e o quirófano onde realiza o seu traballo. Viaxaremos ata o Centro de Saúde de Monforte, onde nos recibe o médico de familia Rosendo Bugarín e presenciaremos unha consulta sobre unha patoloxía habitual no seu posto de traballo. No Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, agárdanos Ana Guitián Pena que traballa como nefróloga. Con ela estivemos no servizo de diálise do hospital vendo como se desenvolve o traballo día a día nesta área. O doutor Adolfo Baloira, médico neumólogo, recibiramos no Hospital Montecelo de Pontevedra. Coñeceremos o seu traballo