Ola amigas e amigos!, en Doutor en Galicia estamos viaxando por toda a nosa xeografía para coñecer de primeira man o traballo que desenvolven os nosos sanitarios e para elo hoxe imos estar con cinco novos profesionais. No hospital Álvaro Cunqueiro, Alberto Fernández, xefe de pneumoloxía amosaranos as distintas probas que se fan ao día neste hospital, dende a proba de espirometría ata a eco-broncoscopia que permite descartar a posibilidade dun tumor. E coñecermos outra faceta del como investigador fora do ámbito da medicina. Un dos médicos de familia de Becerreá é José Luís Núñez, con el soubemos como funciona o servizo de urxencias e poderemos ver como realiza unha nebulización a un doente. María Herranz é médico de medicina preventiva e ademais traballa no nodo de innovación. Descubriremos a que se dedica un médico preventivista e saberemos dalgúns proxectos nos que colabora e que están a desenvolver. Olga Coroas, enfermeira de oncoloxía no Materno Infantil de A Coruña, explicaranos