En Lugo, no HULA na unidade de Hemodinámica onde traballa Raymundo Ocaranza. Ensinaranos como se práctica un cateterismo, pero ocorre algo inesperado. Un dos médicos de urxencias do hospital de Montecelo de Pontevedra é Emilio Arruti. Este doutor explicaranos como se organizan nesta área e o porqué das esperas que algunhas veces sufrimos cando acudimos a este servizo. Yolanda Fandiño traballa en Ourense no CHUO na unidade de cirurxía. Visitaremos a consulta e tamén o quirófano onde realiza o seu traballo. Encontrarémonos na Coruña no CHUAC coas enfermeiras Mª Valentina Fernández e Guadalupe Torre que son as encargadas da unidade de transplantes do hospital. Entre as súas funcións está a de pedir á familia dun falecido os seus órganos, como encaran esta situación? Na unidade de oncoloxía do Álvaro Cunqueiro de Vigo quedamos con Martín Lázaro. Este oncólogo amosaranos a sala onde se subministran os medicamentos aos doentes e sorprenderanos cunha demostración da súa faceta artística.