Hoxe achegarémonos: Ao hospital provincial de Pontevedra, alí a reumatóloga Susana Romero contaranos que o reuma xa non só afecta ás persoas maiores, hai outros grupos de idade que tamén a están a sufrir. En Lugo, Benjamín Abarca, médico de familia no Centro de Saúde do Sagrado Corazón, mostraranos como é o seu traballo día a día e asistiremos a unha consulta cunha doente No hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, Víctor Bautista, cirurxián do corazón, amosaranos a súa área de traballo e contaranos a súa experiencia na misión humanitaria na que participa. Bibiano Fernández é inspector médico en Pontevedra. Explicaranos en que consiste o seu traballo. Tamén visitaremos o Centro de Emerxencias do 061 en Ourense onde Mónica Álvarez enfermeira deste servizo, contaranos como actúan diante dunha emerxencia e ademais o equipo de Doutor en Galicia voará no helicóptero que utilizan. Mónica tamén nos falará da súa experiencia solidaria.