Doutor en Galicia levanos a visitar profesionais que día a día se esforzan en que teñamos unha saúde de ferro ou curarnos no caso en que teñamos algunha enfermidade. Javier Pereira, urólogo no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, amosaranos un dos quirófanos onde traballa habitualmente e descubriremos que é unha persoa tenaz por elo ten outras prazas na sanidade. Ademais saberemos da súa faceta solidaria no Terceiro Mundo. Mª Gorety Pazos e Francisco Barón traballan no CHUAC de A Coruña na área de oncoloxía. Mostrarannos como é a planta máis lúdica e creativa deste servizo e os novos proxectos que se están a desenvolver nela. En Ourense, o psiquiatra David Simón levaranos a visitar en Piñor, o que foi antigo hospital para curar a tuberculose e hoxe atende a doentes psiquiátricos. Saberemos como desenvolve os seus coñecementos da mente. En Lugo, da man da xefa de enfermeiras de cirurxía menor, Pilar Castro, visitaremos un quirófano de pequenas cirurxías ambulatorias. Tamén poder