Manuel Vázquez e Concepción Abellás son médico xefe de urxencias e enfermeira supervisora de urxencias no Hospital do Salnés respectivamente. Ademais os dous pertencen á xunta directiva de SEMES, eles explicarannos como traballa a unidade de urxencias do hospital dende que o doente chega e pasa polo etiquetado das cores ata que é recoñecido por un médico nun box. Iñigo Montesino é Xinecólogo e Xefe de Servizo de obstetricia e xinecoloxía do Hospital Virxe da Xunqueira en Cee. Ensinaranos unha consulta de xinecoloxía e con el visitaremos a sala de partos e as salas de dilatación Achegámonos ao Hospital de Burela onde nos recibe Alberto Carral que é oncólogo e traballa un día á semana neste hospital. Con el descubriremos como é unha consulta de oncoloxía e onde se subministran os tratamentos. Gloria Enriquez, máis coñecida como “a decoradora” é enfermeira ademais de responsable da humanización do HULA (Hospital Universitario Lucus Augusti). Contáranos o porque do seu alcume e os disti