Begoña Campos, tamén coñecida como “doutora amor” traballa como médico oncolóxica no Hospital de Monforte. Con ela descubriremos o porque do seu alcume, ademais de como se subministran os tratamentos oncolóxicos. No Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo agárdanos Julio Montes, médico de medicina interna. Explicaranos en que consiste o seu traballo ademais da súa faceta máis artística, xa que é autor de varios libros (poemarios e gravados xunto súa muller e biografías patolóxicas de persoas celebres. Manuel Constenla é o xefe de servizo de oncoloxía do Hospital Provincial de Pontevedra. Estaremos con el no seu despacho e iremos ata o Hospital de Día onde os pacientes reciben o seu tratamento. Viaxaremos ata o CHUS (Hospital Clínico Universitario de Santiago), onde Rosaura Leis é a coordinadora de gastroenteroloxía e nutrición pediátrica. Con ela veremos algunhas das consulta da súa área e ademais faremos unha visita á biblioteca do hospital. Victoria García Leiras é enfermeira no Centro