Wolfrang Karcher é un médico alemán que namorou de Galicia de pequeno e agora exerce a súa actividade na base do 061 en Pontevedra. Ensinaranos como é unha UVI Móbil por dentro. Visitaremos o Centro de Saúde de Monforte de Lemos onde Irene Trigo exerce o seu traballo de enfermeira de pediatría. Con ela coñeceremos diferentes programas sanitarios como é o programa do neno san. César de La Fuente é médico traumatólogo e cirurxián ortopédico no Hospital Materno Infantil de A Coruña. Descubriremos a súa faceta máis solidaria xa que realiza labor humanitaria en Nicaragua operando a menores con diferentes doenzas. Viaxaremos ata o Hospital Universitario de Ourense (CHUO) onde nos agarda o médico Internista Juan González Soler. Descubriremos con el todo o que abarca a medicina interna, ademais dalgúns proxectos de innovación que se están a desenvolver no hospital, como unha horta na azotea do mesmo para os pacientes. Rosa Mallo é radióloga e ademais é a coordinadora da Unidade de Patoloxía d