Hoxe estaremos no Hospital Provincial de Pontevedra, co xinecólogo Eloy Moral que nos contará como é o día a día do seu servizo e poderemos ver as instalacións das que este médico está orgulloso. E ademais Eloy ten unha sorpresa musical da que poderemos gozar ao longo do programa. Tamén visitaremos o HULA (Hospital Universitario Lucus Augusti) de Lugo onde nos recibirá a doutora Chelo Calviño, pediatra no HULA. Amosaranos como son os cuartos dos nenos cando teñen que estar no hospital e de seguro que quedaremos abraiados ao velos. Rita Jácome é enfermeira pediátrica na área de oncoloxía no Hospital Materno Infantil de A Coruña. Dende o seu posto contaranos como é traballar con nenos con esta doenza e como é a relación con eles. Pero non só isto, Rita todos os anos fai outro labor importantísimo lonxe da Coruña. Descubrirémolo neste programa. En Allariz Roberto Fernández, médico do PAC desta localidade ensinaranos as instalacións das que dispoñen e neste mesmo lugar asistiremos a unh