A TVG repasa a vida de Sito Miñanco, un home que condicionou a vida dunha vila enteira, o Cambados dos anos 80 e principios dos 90. José Ramón Prado Bugallo naceu no barrio mariñeiro de Santo Tomé, en Cambados, o 23 de decembro de 1955. Fillo de Eugenio e Rosa, era unha familia coñecida coma a dos Miñancos.  O especial “Sito, o dos Miñancos” é a historia dun home que pasou por ter unha vida normal formando unha familia con dúas fillas con Rosa Pouso e unha terceira coa panameña Odalys Rivera.   Miñanco era actualidade o  5 de febreiro de 2018, cando era detido en Alxeciras por estar relacionado cun cargamento de 5 toneladas de cocaína, xunto con, polo menos, 30 arrestados. Na operación tamén detiveron a filla maior de Sito, un fillastro de Laureano Oubiña e a primeira muller de Sito: Rosa María Pouso Navazas. O círculo máis próximo a Sito Miñanco.  No programa intervirán xornalistas como Benito Leiro, Perfecto Conde ou Tino Viéitez, pero tamén testemuñas que tiveron contacto co propio