Recolle as impresións de Isaac Díaz Pardo en relación co tempo en que viviu, abordando cuestións como a República e a Guerra Civil, pero tamén a situación económica do país nos primeiros anos do século XXI ou a Guerra de Iraq. No documental interveñen o ex-presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, o académico e catedrático Xesús Alonso Montero ou os escritores Xabier Seoane e Manuel Rivas, entre outros.