O documental “O paso do noroeste. Tenente de Navío Xacinto Caamaño” conta a viaxe que o mariño galego fixo a finais do século XVIII na procura ou desestimación da existencia do Paso do Noroeste, un paso mítico do que falaban lendas e bitácoras apócrifas de mariños españois de séculos precedentes. Neses  supostos diarios falábase da existencia dun paso navegable que uniría os océanos Atlántico e Pacífico e que situaban no territorio da actual Canadá. O mariño galego partíu do porto mexicano de San Blas coa obriga de explorar e cartografar a costa noroeste do continente americano dende a badía de Bucarely ata a desembocadura do río Columbia, territorios que se corresponden con Alaska e a provincia da Columbia Británica do Canadá. A outra parte da misión fora encargada ao sí coñecido mariño Alexandro Malaspina. Grazas a que os mariños españois e galegos foron pioneiros na navegación polas costas antes mentadas, chegaron antes que o coñecido mariño iglés James Cook, existen máis de mil t