"O Antropoceno na casa: unha ollada o cambio climático" é un documental escrito e dirixido para TVG por Valentín Carrera, o único xornalista que participou dúas veces nas campañas españolas na Antártida: hai trinta anos, na primeira expedición, no verán 1986/87, e recentemente, na XXX Expedición Científica, coa que conviviu durante cinco longos meses nos mares de xeo. Por qué falar do Cambio Climático e por qué desde Galicia? Aínda que hai negacionistas, ao estilo do presidente americano Trump e outros, as evidencias do cambio climático son aceptadas amplamente na comunidade científica. Falamos de "efecto bolboreta" porque, como se explicará visualmente, todo o que pasa en Galicia repercute na Antártida e todo o que está a pasar na Antártida ten efectos en Galicia. "Todo está relacionado", dicía o gran humanista Alexander von Humboldt, aínda que estea, como Vigo e Illa Decepción, a catorce mil quilómetros de distancia. Dende hai anos, en Galicia temos un amplo e moi cualificado grupo d